UNHA CASA NO CORAZÓN DA TERRA CHAA Casa do Pacio é unha edificación de aldea construída no século XIX segundo a tradición da zona na que se empraza, moi perto da lagoa de Cospeito, na singular comarca da Terra Cha. O conxunto está formado por dúas vivendas: • A CASA GRANDE • A CASA DO CASEIRO Rodeada por unha muralla, a casa acolle ademais dous patios. No dianteiro atópase o hórreo e o pozo. No traseiro, dende o que se accede a un soto de castiñeiros, están a palleira e mailo forxín. A restauración da Casa do Pacio foi pensada para facer dela un espazo acolledor para o visitante, conservando, xunto coa estrutura e a construción orixinais, algúns elementos tan característicos como a lareira ou o forno de coce-lo pan. <Vídeo> |
![]() |
|
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
|